TERRASSA

 

A montaña de SANT LLORENÇ DEL MUNT, co antiguo mosterio e a igrexa románica que culminan o seu cumio da Mola, preside solemnemente as comarcas catalanas  do Bages, do Vallès Oriental e do Vallès Occidental.

 

 

PARQUE DE VALLPARADÍS

CIDADE UNIVERSITARIA

 

IMAXES VARIAS

 

EDIFICIOS MODERNISTAS

TERRASSA, situada ó pé do Parque Natural de Sant LLorenç del Munt, rodeada dunha paisaxe de bosques e montañas, é unha das grandes cidades catalanas que protagonizaron a Revolución Industrial do siglo XIX.  Non obstante Terrassa hoxe, é máis ca unha cidade industrial. A súa fisionomía revela as súas orixes e a súa historia: un centro urbano que coincide coa villa medieval, o conxunto histórico das igrexas de Sant Pere (preto do que se atopaba o concello romano de Ègara), os barrios do século XIX e principios do XX, nos que aíndan existen numerosas fábricas e vapores (nome que se lle daba ás antigas fábricas de tecidos porque funcionaban con máquinas de vapor) que dan un toque característico á cidade, coas antiguas chemineas, a arquitectura do Modernismo...

TERRASSA é actualmente unha cidade aberta e plural, chea de lugares agradables, rica en patrimonio artístico e histórico, suma de culturas e orixes diversas. Unha cidade emprendedora e activa, que ama a cultura, a naturaleza e o deporte, unha cidade universitaria e de servicios que segue a ter na industria o fundamento de súa economía, e que continua crecendo demograficamente. Hoxe, Terrassa ten censados 172.807 habitantes.