CONXUNTO MONUMENTAL DAS IGREXAS DE SANT PERE

Elemento excepcional do patrimonio histórico e artístico catalán. Situado no corazón do Parque de Vallparadís, o conxunto das Igrexas de Sant Pere son unha illa de paz no medio da cidade moderna.

O conxunto de tres igrexas, único en Cataluña, presenta unha mestura harmoniosa de diversos estilos e épocas: pre-románico, románico, gótico e barroco. Sufriu profundas modificacións ó longo da súa historia, mantendo a pesar disto, todo o seu carácter.

Sé do Bispado de Ègara dende o século V e lugar importante na administración eclesiástica visigótica, aquí celebrouse o Concilio de Ègara no ano 615. Unha ponte pintoresca do século XVII comunica o recinto coa vila medieval o e centro histórico da cidade.

O conxunto presenta unha distribución e detalles nos que se poñe de manifiesto unha certa inspiración bizantina e oriental.

As Igrexas de Sant Pere son a peza máis importante do patrimonio artístico e histórico de Terrassa. Reciben anualmente uns 15.000 visitantes.