|
A TORRE DO PALAU É o último vestixio que se conserva do antiguo Castell-Palau de Terrassa. A Torre do Palau, que se atopa actualmente no interior dunha bonita praza pública, constitúe o edificio máis emblemático da cidade, tanto pola súa situación no centro histórico como pola súa presencia no escudo da vila dende a época medieval. A existencia dun "Terracium Castellum" aparece documentada a partir do século IX. A partir do século XII a poboación vai crecendo arredor desta fortificación ata forma-la vila medieval, rodeada de murallas e alonxada da antiga Ègara romana e do outro castelo da zona, o de Vallparadís. De planta circular, é construída con algunhas pedras de cantería de riera. Ten unha altura de 29 metros e o seu diámetro máximo na parte inferior é de 7,5 metros. Presenta unha ventá gótica á altura superior da primeira planta, engandida posteriormente (século XVI) á construcción da torre. O coroamento superior é a reparación, ou engandido máis recente realizado en 1891. |
|