|
CASTELO-CARTUXA DE VALLPARADÍS |
||
|
|
|
|
|
Este edificio, situado á marxe esquerda do regato de Vallparadís, aparece citado en documentos do século XII e transformouse en cartuxa entre os séculos XIV e XV. Berenguer Sanlà foi quien comprou a propiedade onde posteriormente cosntruiu a súa residencia señorial fortificada. Era un recinto amurallado de planta cadrada con torres nas esquinas e rodeado dun foxo. Pódese acceder a el a través dunha ponte de pedra. No seu interior érguese a torre central de planta cadrada. Blanca de Centelles foi a última "señora" de Vallparadís. No ano 1344 cedeu tódolos seus dominios á ordre relixiosa da Cartuxa e en consecuencia instalouse no castelo un mosterio denominado Sant Jaume de Vallparadís. Nesta época realizouse unha profunda reforma para adecualo ás necesidades dos monxes. O claustro de dous andares é froito desta reforma. O castelo foi restaurado na década dos anos 50 e reconvertido para uso museístico a partir do ano 1959. Actualmente é a sé principal do Museo de Terrassa e dá aloxamento ás exposicións temporais (na nave gótica coñecida como a Sala do Tinellet) e á exposición permanente, que amosa a evolución do terrotorio e a ocupación humana de Terrassa e a súa bisbarra. |
||